O alalá é arrítmico e está composto por coplas octosilábicas no que se repite un tema curto e as ailalá, ailalá repetidas. Interprétanse normalmente a capella, aínda que en tempos recentes engadíronselle frases instrumentais de gaita ou zanfona. As letras soen ser de temática seria e a interpretación é un valor de suma importancia: ao seren de ritmo libre, o intérprete ten moito xogo para engadirlle adornos á melodía principal.
n
No hay comentarios:
Publicar un comentario